Probas de acceso e libres para adultos

En Eureka Centro Educativo en Burela prestamos axuda aos adultos que queren volver a estudar, ofertando:

Probas de acceso

Para realizar un ciclo medio ou un ciclo superior precisas ter os títulos da ESO ou o Bacharelato respectivamente, ou ter superadas as probas de acceso correspondentes a cada nivel.

Requisitos para presentarse ás probas:

  • Acceso a ciclo medio: ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
  • Acceso a ciclo superior:
    • Ter 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
    • Ter 18 anos no ano da celebración da proba e dispoñer dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

Para acceder á universidade precisas ter superado o Bacharelato e a proba da PAAU. Tamén podes cursar estudos universitarios a través da UNED; para o cal te podes presentar ás probas para maiores de 25 ou de 45 anos.

Probas libres

Obtención do título da ESO

Ter cumpridos 18 anos o día anterior á realización da proba. Non estar inscrito nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria ou no segundo ciclo dun programa de cualificación profesional.

Obtención do título de Bacharelato

Preparámoste para a realización das probas libres para a obtención do título de bacharelato na opción que prefiras segundo a formación superior que desexas cursar.

Idiomas

Impartimos clases de distintos idiomas como: inglés, francés, chinés e galego.

Para saber máis sobre os idiomas ofertados en Eureka Centro Educativo accede ao apartado de Idiomas.


Vente a Eureka Centro Educativo, estaremos dispostos a axudarche no teu reinicio de estudos.