Orientación psicolóxica e psicoeducativa

A educación é unha cuestión global na que inciden diversidade de factores (intelectuais, sociais, afectivo-emocionais...). En Eureka Centro Educativo atendemos aos principais axentes do sistema educativo.

Alumnado

Intervención psicolóxica e psicoeducativa de tipo preventivo, de desenvolvemento, terapéutico e de orientación académica e profesional; prestando especial atención a:

  • Concentración
  • Atención
  • Dificultades de aprendizaxe
  • Lecto-escritura
  • Técnicas de estudo

Familias e docentes

Información, asesoramento e colaboración.

Para pedir máis información sobre as nosas sesións de orientación psicolóxica e psicoeducativa para o alumnado, podes contactar connosco no teléfono do centro ou a través do enderezo electrónico, ademais de visitarnos en Burela.